Non se pode defender o que non se ama e non se pode amar o que non se coñece
“Coñecer para amar” é unha colección que desexa contribuír cunha pequena mostra do gran coñecemento que temos na Galiza para nomear os seres vivos que nos acompañan, esperando sementar amor nos corazóns para coidar e defender a biodiversidade na nosa terra.
En “Os nosos mares” as fermosas ilustracións amósannos a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños… para descubrirmos a realidade que temos nunha boa parte das augas salgadas do país.
Publicación con asesoramento do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo), da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia (UCC CSIC-Galicia, Santiago de Compostela), e da Universidade da Coruña (UDC, A Coruña)
Edita Miudiño S.Coop.Galega
Idea e coordinación de proxecto Judit Santos
Contido medioambiental Diego García, Noela Sánchez e Jorge Pascual
Ilustracións Clara Cerviño
Maquetación e deseño Marta Conde. Conxenia
Asesoramento pedagóxico Andrea Soto
Asesoramento lingüístico Catro Ventos Editora S.Coop.Galega
Asesoramento ilustracións 13 Grados S.Coop.Galega
Impreso na Galiza por Gráficas Lasa S.L, en papel reciclado e ambientalmente sostible.
ISBN 978-84-944758-4-9
Referencia: 103002
Tamaño: 24x34cm
A presente publicación contou co asesoramento de persoal científico e técnico de:
- Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo): Alex Alonso, Rafael Bañón, Lara García, Pepe Pintado (Grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños)
- Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia (UCC CSIC-Galicia, Santiago de Compostela): Luisa Martínez
- Universidade da Coruña (UDC, A Coruña): Javier Cremades (Grupo BioCost)