Neste conto para kamishibai, Brais, un neno dunha aldea galega, descobre o misterio do Outeiro das Mouras e un antigo encantamento que terá que resolver… Inspirado na tradición oral galega, O Desencantamento forma parte da colección “Os contos da Moura”, que pon en valor a nosa mitoloxía e lendas.
Unha coedición de Miudiño S. Coop. Galega e Ab Origine SLL, realizada integramente con entidades da economía social de Galicia e acompañada polas ilustracións de Cestola na Cachola e o deseño de Catro Ventos.
Kamishibai “O Desencantamento”
Rango de prezos: desde 17,00€ ata 20,00€ IVE incl.
Novo produto!!
Kamishi-que?
Kamishibai para Butai “O Desencantamento”
Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana adoita ir co gando a un lugar chamado “Outeiro das Mouras”. Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados…Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?
A nivel pedagóxico, apaixónanos como proposta, tanto para escolas coma para familias, como ferramenta para potenciar a afección pola lectura e a escritura xunto a creación artística. Pero ademais nos permite traballar aspectos variados como son o plurilingüismo, a igualdade, a diversidade ou a programación por competencias.
Kamishibai xorde no Xapón durante a crise económica de finais dos anos 20 do século XX como fórmula para combater o desemprego. A un home que vendía doces en bicicleta ocorréuselle empregar un pequeno teatro de madeira no que, metendo e sacando láminas, contaba unha historia e así a cativada estaba máis motivada a comprarlle lambetadas.
En tamaño A4 especial para contos no fogar, e A3 para grandes grupos e colexios.
Completa a túa compra coa Xanela dos contos!
Peso: 0,5 kg
Dimensións: N/D
Tamaño: A4 (21 x 29,7 cm) ou A3 (29,7 x 42 cm)
Conto: O Desencantamento
Presentámolo en dous tamaños: para folios en A3 e A4
Idea e coordinación editorial: Judit Santos
© dos textos: Rafael Quintía
© das ilustracións: Miguel Peralta, Cestola na Cachola S. Coop. Galega
© da edición: Miudiño S. Coop. Galega — miudinho.gal
Coedita: Ab Origine SLL — aborigine.es
Deseño, maquetación e corrección lingüística: Catro Ventos, S. Coop. Galega
Impreso na Galiza: Obradoiro Gráfico
Primeira edición: Vigo, novembro 2024
Tamaño variable: A3 e A4
Depósito Legal: VG 532-2025 (modificado)
ISBN: 978-84-XXXXXXX-X-X (modificar)
Envío gratis a partires de 100€
Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.
Entregas na Península e Baleares – 5€
Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.
Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos
Tamén che recomendamos…
-

Xanela dos contos
Rango de prezos: desde 95,00€ ata 100,00€ IVE incl. Engadir ao carro Este produto ten múltiples variantes. As opcións pódense elixir na páxina de produto







