En galego, cando falamos de estar a monte estamos a falar da non intervención humana sobre algo. Da apropiación do espazo-persoa por parte da Natureza. De medrar na liberdade e nos ritmos da Nai Terra.
E tanto vale para o mundo natural coma para educación da cativada!
Con este concepto tan fantástico, en A Monte, queremos compartir as experiencias, recursos e coñecementos que precisamos para vernos como unha parte máis da natureza e medrar no respecto á vida dos seres cos que compartimos hábitat.
Así falaremos tanto grupos de xogo na natureza e dos equipamentos necesarios coma de educación ambiental e coñecemento do medio.
Anímaste a ter estas vivencias connosco?