A Escoliña Miudiña é o espazo no que compartimos a información teórica, as dúbidas, as inquedanzas e os debates máis habituais que nos atopamos no noso traballo en canto á naturalización e xogo libre da infancia.
Pensamos que só o a través do coñecemento podemos soñar con outra realidade posible. Así, a divulgación de conceptos, ideas e posibilidades é para nós de vital importancia. Para saber como, cando, por que e para que queremos o cambio de mirada.
Saír da zona de confort non é doado…mais sempre merece a pena! Porque tal vez, polo camiño, recuperemos a capacidade de soñar. Únteste á Escoliña Miudiña?