Boneca miudiña

37,00 IVE incl.

Esta boneca artesanal de algodón orgánico e lá natural acompaña a infancia con tenrura e creatividade. Suave, segura e sostible, convida a xogar, vestir e desvestir, favorecendo o xogo simbólico e a expresión emocional. Feita con agarimo no noso obradoiro artesanal en Galicia.

Hai existencias

SKU: 210732 Categorías: ,

A nosa colección Bebé nace do coidado e da confianza: xogos e accesorios totalmente seguros tanto por dentro como por fóra. Cada peza está feita con materiais suaves e naturais, libres de tóxicos e pensados para ofrecer seguridade e confort dende os primeiros días de vida.

Esta boneca artesanal convida a xogar, vestir e desvestir, acompañando os primeiros anos con tenrura e creatividade. O seu deseño sinxelo e cálido favorece o xogo simbólico e o desenvolvemento emocional, permitindo que cada neno e nena constrúa o seu propio mundo imaxinario.

Feita con agarimo no noso obradoiro artesanal, está confeccionada en algodón 100% orgánico con certificado GOTS e rechea de lá natural, materiais que respectan a pel e o ritmo natural do crecemento.

Suave, sostible e segura, esta boneca está pensada para acompañar cada descubrimento da infancia coa tranquilidade de saber que coidamos da súa saúde e benestar.

Atributos do produto

Colección: Bebé
Dimensións: 38 cm aprox. (ao ser unha peza artesanal, pode variar lixeiramente)
Idade recomendada: 0 – 36 meses
Material principal: Algodón 100% con certificado GOTS
Recheo: Lá natural de ovella
Composición: Peza téxtil artesanal
Cores dispoñibles: Peza única
Fabricación: Feita a man no noso obradoiro artesanal en Galicia
Lavado: Lavable en frío

Características:
Suave, segura e sostible
Libre de tóxicos e produtos químicos
Apta dende o nacemento
Estimula o xogo simbólico e emocional
Permite vestir e desvestir (leva un peto extraíble)
Favorece a autonomía e a expresión afectiva
Lavable e duradeira

¿Tes algunha dúbida sobre esta boneca? Fala connosco!

Envío gratis a partires de 100€

Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.

Entregas na Península e Baleares – 5€

Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.

Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.