Cabalo I

25,00 IVE incl.

O Cabalo (I) Miudiño é un fermoso cabalo elaborado artesanalmente, con corpo de algodón, recheo de lá natural cardada e crin algodón. Os ollos son de madeira, o cabestro de cordel de cáñamo e o pau de poda.

Esgotado

SKU: 2101051 Categoría:

Son moitos os cabalos nomeados na mitoloxía e moitas características e donos os que se lle atribúen.

As bruxas e diaño burleiro poden aparecer baixo a súa forma. Hai cabalos acuáticos que saen de ríos e fontes. Hai razas de cabalos non superadas en todo o mundo que son os criados polos mouros. E hai cabalos con características moi concretas para as diferentes aventuras, o de fiaña, o cabalo pantasma, a egua do pensamento, da luz ou do vento.*

*Texto extraído de: Cuba, Xoán R./ Reigosa, Antonio/ Miranda. Xosé (1999): Diccionario dos seres míticos galegos (ps.226,254,255) (Vigo:Xerais).