Godofello

16,50 IVE incl.

Biosbardos, cocerellos, gazafellos, cazarellos… son moitos os nomes que reciben estes pequenos e esquivos seres por Galiza adiante. Nas terras viguesas e do Val Miñor, sen saber se por influencia do castelán ou do portugués (gambozino) Gamusinos é como se lle chama a estes seres que só se poden ir cazar á noite, ben armados cunha boa saqueta e moita paciencia.

O Godofello de Mitolóxicas éche un ser ben xirigato e orixinal, polo que nunca vai haber dous iguais! E cando chega á un novo fogar… sorpresas dará!

SKU: 2101082 Categoría:

Recheo de lá natural. Nacen pola necesidade de aproveitamento das telas empregadas na cooperativa para xoguetes e elementos de patios, combinadas con retais doutras empresas de artesanía galega que nos ceden os restos da súa fabricación. Por isto todos os nosos gazafellos son diferentes!