Trasno

45,00 IVE incl.

Pequenos seres burleiros que gostan de facerlle trangalladas ás familias, agochando chaves, estragando biscoitos, remexendo caixóns…

Non hai mellor cousa que darlles ocupación!

Pódeselle por á noite unha cunca con grans de millo. Como só contan ata 10, trabúcanse de seguido e voltan comezar…e así pasan o tempo ata o amencer!

Mais tamén podes facer por amigarte e que che presten axuda nas túas falcatruadas.

Anímaste?

SKU: 2101091 Categoría:

O Trasno está feito en algodón, recheo de lá de ovella 100% e empregando tinturas naturais no algodón do cabelo e no liño do pantalón, chaleco, gorro e zapatos. A camisa é de liño.