O proxecto de patio
Merece a pena invertir tempo e esforzo en redactar proxecto para o patio de escola? Cales son os beneficios deste traballo? Pincha nesta entrada para ver que catro beneficios ten o esforzo!

Comezamos o curso e o corpo xa pide….ser familias a monte! Non vos parece que xa é hora de calzar botas, preparar a roupa axeitada, poñer chuvasqueiros e aproveitar o tempo de lecer en espazos naturais?
Necesitamos movernos. Subir penedos. Construír cabanas. Dar paseos. Coñecer a nosa contorna. E como facelo? Hai moitas opcións. Libremente, de xeito individual ou colectivo ou ben participando en actividades organizadas.
Neste último eido, dende Miudiño queremos compartir o programa Familias a monte, que veñen sendo actividades na natureza para nenas, nenos e as súas familias.
Queres saber máis?
Sendo a defensa do xogo libre un dos principios do noso traballo, levamos dende 2017 compartindo as tardes dos luns con nenas, nenos e persoas adultas co fin de compartir tempo para xogar libremente en espazos exteriores.
O grupo de xogo desenvólvese maioritariamente no barrio de Freixo (Vigo) en fincas privadas en cesión e custodia de territorio.
Horario: Os luns, de 16:30-18:30h.
| Persoas x familia | Sesión Solta | Mes completo |
| Familia de 2 persoas | 12 euros | 24 euros |
| Familia de 3 persoas | 15 euros | 30 euros |
| Familia de 4 persoas | 18 euros | 36 euros |
| Familia de 5 persoas | 21 euros | 42 euros |
O ocio en exterior para a cativada é vital para o desenvolvemento e saúde física e emocional de nenos e nenas. É tamén necesario mostrar, de xeito lúdico e activo, a importancia de vernos como unha parte máis da natureza e medrar no respecto á vida dos seres cos que compartimos hábitat.
E non hai mellor compaña que a da propia familia para gozar compartindo experiencias, co xogo e realización de actividades ao aire libre.
Animádevos a contactar connosco!
Nunca a sabedoría di unha cousa e a natureza outra
JUVENAL
Merece a pena invertir tempo e esforzo en redactar proxecto para o patio de escola? Cales son os beneficios deste traballo? Pincha nesta entrada para ver que catro beneficios ten o esforzo!
O comezo da intervención nos patios é un punto de inflexión grande na comunidade educativa… mais, como facemos para pasar da teoría á práctica? Con calma!!!!
Sabemos da necesidade de unir infancia e natureza para un desenvolvemento óptimo das nenas e nenos que criamos e educamos, mais cal é o noso rol como persoas adultas nesta relación?
Na relación adulta-natureza, para nós é importante a reflexión sobre tres conceptos relacionados: o respecto, o disfrute e o coñecemento. Lanzámosvos algunhas cuestións que esperamos que vos axuden a definir onde estades!!!