Comezamos o curso e o corpo xa pide….ser familias a monte! Non vos parece que xa é hora de calzar botas, preparar a roupa axeitada, poñer chuvasqueiros e aproveitar o tempo de lecer en espazos naturais?
Necesitamos movernos. Subir penedos. Construír cabanas. Dar paseos. Coñecer a nosa contorna. E como facelo? Hai moitas opcións. Libremente, de xeito individual ou colectivo ou ben participando en actividades organizadas.
Neste último eido, dende Miudiño queremos compartir o programa Familias a monte, que veñen sendo actividades na natureza para nenas, nenos e as súas familias.
Queres saber máis?
Grupo de xogo libre
Sendo a defensa do xogo libre un dos principios do noso traballo, levamos dende 2017 compartindo as tardes dos luns con nenas, nenos e persoas adultas co fin de compartir tempo para xogar libremente en espazos exteriores.
O grupo de xogo desenvólvese maioritariamente no barrio de Freixo (Vigo) en fincas privadas en cesión e custodia de territorio.
Horario: Os luns, de 16:30-18:30h.
Obxectivos
- Proporcionar tempo de ocio en espazos naturais aos nenos e nenas.
- Facilitar o desenvolvemento físico, emocional e social que permite o xogo libre no medio natural.
- Facilitar a xestión do risco por parte dos adultos.
Prezos
Persoas x familia | Sesión Solta | Mes completo |
Familia de 2 persoas | 12 euros | 24 euros |
Familia de 3 persoas | 15 euros | 30 euros |
Familia de 4 persoas | 18 euros | 36 euros |
Familia de 5 persoas | 21 euros | 42 euros |
Notas
- Grupo de xogo: o luns 7 de outubro de proba. Gratuíto con inscrición previa en [email protected]
- Comezamos o 7 de outubro e rematamos o 26 de maio de 2025
- É necesaria a inscrición previa e a devolución asinada da documentación enviada.
- As actividades poderán suspenderse no caso de alertas meteorolóxicas ou chuvias superiores aos 10mm/hora.
- Todas as actividades requiren dun número mínimo de participantes para ser realizadas.
O ocio en exterior para a cativada é vital para o desenvolvemento e saúde física e emocional de nenos e nenas. É tamén necesario mostrar, de xeito lúdico e activo, a importancia de vernos como unha parte máis da natureza e medrar no respecto á vida dos seres cos que compartimos hábitat.
E non hai mellor compaña que a da propia familia para gozar compartindo experiencias, co xogo e realización de actividades ao aire libre.
Animádevos a contactar connosco!