Adultas, infancia e natureza

Pai e fillo subidos abrazados a unha árbore. Adultas, infancia e natureza tríade inseparable.

Sabemos da necesidade de unir infancia e natureza para un desenvolvemento óptimo das nenas e nenos que criamos e educamos, mais cal é o noso rol como persoas adultas nesta relación?

Na relación adulta-natureza, para nós é importante a reflexión sobre tres conceptos relacionados: o respecto, o disfrute e o coñecemento. Lanzámosvos algunhas cuestións que esperamos que vos axuden a definir onde estades!!!

O respecto

  • Cal é a miña opinión sobre a relación entre as persoas e a contorna na que viven?
  • Penso que a natureza está ao servizo da humanidade?
  • Na visión de respecto da natureza: son observadora dunha natureza-museo ou me permito manipular a miña contorna?

O disfrute

  • Onde escollo pasar o meu tempo libre?
  • Delego a vida na natureza da cativada en terceiras persoas ou comparto con ela tempo en entornos naturais?
  • Disfruto das paixases que a natuerza me ofrece ou participo activamente nalgún movemento ecolóxico?

O coñecemento

  • Cando vou dar un paseo polo monte ou a praia…sei nomear o que vexo?
  • Distingo ecosistemas?
  • Son capaz de valorar a riqueza da diversidade autóctona ou percibo que incluso as especies invasoras están ben connosco porque tamén son natureza?

Cambios vitais

As preguntas ás veces poden ser motivadoras de cambios, ou alomenos podemos chegar a percibir en que punto estamos e marcarnos obxectivos de cara onde queremos chegar.

E como facer? En realidade todo é mais doado do que parece. É bo ir reflexionando cales son as nosas actitudes e crenzas sobre a natureza e a vida. Sobre a ecoloxía. Sobre a nosa visión da vida na terra. Logo, se decidimos botar mais tempo a monte, ou na praia…pois temos que ter claro que pasar unha tarde na natureza non ten que implicar facer un esforzo inmenso, percorrer quilómetros para disfrutar dela.

É moito máis doado facer unha aposta pola proximidade e cotiandade do contacto. Decidir ir merendar ao salgueiral no canto de facelo no parque infantil ou no centro comercial. Dar unha aula no patio no canto de facelo en interior. Que as excursións sexan percorrendo camiños centenarios da nosa vila ou aldea no canto de desprazarnos centos de quilómetros.

Son actos pequenos os que poden ter un gran impacto nas nosas vidas. É o darnos conta que o tempo no exterior das adultas, infancia e natureza teñan que ir parellos.

Isto necesariamente conleva un cambio de mirada na nosa relación coa natureza que nos rodea. Porque vai ser o noso ollar o que guíe aos nosos fillos e fillas, alumnos e alumnas. Somos nós quen de desfrutar da beleza do sabugueiro emerxendo nunha ruína? Do amieiro na beira do río? Do piar dun merlo?

Somos quen de saír da zona de confort, poñer botas e tirar para o monte?

Recursos

En Galicia temos a sorte de que incluso as cidades máis grandes, son pequenas! E temos marabillosos contornos naturais. Aproveitemos os recursos que temos para establecer relacións de amizade coa natureza máis próxima a onde vivimos. Para mellorala e coidala. Para facerlle ver ás nosas pequenas e pequenos que as persoas adultas tamén coidamos, protexemos e agarimamos á Nai Terra.

Neste eido, nós queremos aportar o noso graíño de area para que a mellora desta relación co mundo natural sexa unha realidade. Coa edición de Os nosos bosques procuramos aprender a nomear animais e plantas que temos do noso arredor. Nos contos, obradoiros e percorridos da educación ambiental queremos achegar esta visión de crecemento persoal na relación das adultas coa natureza.

E para nós, un súper recomendable é a páxina https://www.rios-galegos.com. Non dubidedes en botarlle un ollo! E dentro da extensa bibliografía a recomendar, un básico sería https://www.heikefreire.com/educar-en-verde. E hai apps super interesantes! Pero esas quedan para outra entrada.

É na sinxeleza do día da día onde temos que poñer o noso ollar, e así, na maxia do momento, compartilo con quen mais queremos. Porque amamos o que coñecemos, e defendemos o que amamos.

Neno nunha árbore. Infancia e natureza díade importante.

Faite responsable das túas accións e así protexeremos a Terra

JULIA BUTTERFLY

Comparte nas redes

Artigos relacionados

O proxecto de patio

Merece a pena invertir tempo e esforzo en redactar proxecto para o patio de escola? Cales son os beneficios deste traballo? Pincha nesta entrada para ver que catro beneficios ten o esforzo!

Todos a unha. Foto interxeneracional de puños chocando as cinco.

Quen define o patio?

O comezo da intervención nos patios é un punto de inflexión grande na comunidade educativa… mais, como facemos para pasar da teoría á práctica? Con calma!!!!

Cartel de familias a monte

Familias a monte

Información actualizada a 30/09/2024 Comezamos o curso e o corpo xa pide….ser familias a monte! Non vos parece que xa é hora de calzar botas, preparar a roupa axeitada, poñer…

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.